PLABALI-Convocatoria asamblea Xeral 2016

Convocatoria Asemblea 2016 

En Entrimo, a vinte e catro de febreiro do 2016

Estimado/a socio:

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL

Pola Xunta Directiva da Asociación Plataforma para o desenvolvemento social,económico e natural sostible da Baixa Limia, en reunión extraordinaria celebrada o pasado día 23 de xaneiro de 2016, acordouse convocar á Asemblea Xeral, en sesión ordinaria, para o vindeiro día 12 de marzo de 2016, as dezaoito horas e trinta minutos (18:30) na primeira convocatoria, e para as dezanove (19) horas en segunda convocatoria.

A reunión terá lugar na CASA DA CULTURA DE MUIÑOS, Pza. de San Rosendo, s/n,

Mugüeimes, Concello de Muiños.

A orden do día da dita sesión será o seguinte:

1º).- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.

2º).- Exame e aprobación das contas anuais e do orzamento anual.

3º).- Dacción de conta e aprobación da memoria anual de actividades.

4º).-Actuacións previstas para o ano 2016 e de cara as eleccións autonómicas e/ ou xerais que se aveciñan.

5º).-Creación de Comisións de socios para as distintas actuacións.

6ª).- Dacción de conta a Asemblea dos socios que van ser dados de baixa da Asociación pola Xunta Directiva, o non atoparse o corrente no pago das cotas de varias anuailidades.

7º).- Rogos e preguntas.

O que che comunica para que asistas a mesma, recordándoche que para ter dereito a voto na asamblea deberás estar o corrente no pago da cota, segundo o artigo 13.2 dos Estatutos da Asociación.

Asdo.: O Secretario.

Publicado en Opinión | Deixa un comentario

GDR-16- Avisco Convocatoria asamblea xeral

Convocatoria A.X. 2016

D. XAN CARLOS FERNANDEZ RODRÍGUEZ , en calidade de Presidente da Asociación GDR16

“ O Vieiro Leboreiro ”  con sede en Avda. López Blanco nº 9 baixo Celanova

CONVOCO a vostede en calidade de membro da ASEMBLEA XERAL da Asociación “O Vieiro-Leboreiro”, á seguinte xuntanza:

 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

 

 

Lugar: Multiusos de Lobios (ao lado casa do Concello)

Data:  Domingo, 13 de marzo de 2016

Hora: 11:00 horas en 1ª convocatoria e ás 11:30 horas en 2ª convocatoria

 

 

ORDE DE TRABALLOS :

 

1.- Lectura e aprobación (si procede) da acta da sesión anterior.
2.- Debate e aprobación (si procede) das contas 201
5.
3.- Debate e aprobación (si procede) dos orzamentos 201
6.

4.- Informe actividades 2015.
5.- Información  execución final de proxectos.

6.-Información sobre o novo periodo 2014/2020 de fondos FEADER. Vindeiro programa LEADER.
7.- Varios.

Celanova,  03 de marzo de 2016

 

P.D. Con data 02/03/2016 publicouse no DOG a normativa para a constitución dos Grupos LEADER para o vindeiro programa 2014/2020. Por eso é de vital importancia a asistencia a esta xuntanza debido aos importantes cambios que a nova regulamentación introduce.

 

P.D.  Lembramos que dacordo co punto 4º, do artigo 14 dos Estatutos da Asoc. O Vieiro-Leboreiro

 

“Na asamblea xeral non se admite a delegación de voto; cada persona unicamente poderá ostentar a representación dunha entidade asociada e non poderá exercer o voto en nome doutra”

Publicado en Outros | Deixa un comentario

Aviso Convocatoria

Estimado/a socio:

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL
Pola Xunta Directiva da Asociación Plataforma para o desenvolvemento social, económico e natural sostible da Baixa Limia, en reunión extraordinaria celebrada o pasado día 20 de agosto de 2015, acordouse convocar a Asemblea Xeral, en sesión ordinaria, para o vindeiro día Dez de outubro de 2015 as as dezanove (19) horas, na primeira convocatoria, e para as dezanove e trinta (19 h.30´) horas en segunda convocatoria.

A reunión terá lugar no CASA DA CULTURA, (detrás do Grupo Escolar, o carón do Pavillón Polideportivo), Concello de Entrimo.
A orden do día da dita sesión será o seguinte:

1º).- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2º).- Aprobación das altas e das baixas na relación de socios.
3º).- Exame e aprobación das contas anuais e do orzamento anual.
4º).- Dacción de conta e aprobación da memoria anual de actividades
5º).- Actuacións previstas para o ano 2015.
6º).- Renovación directiva
7º).- Rogos e preguntas.
O que se lle comunica para que asista a mesma, recordándoche que para ter dereito a voto na asamblea deberás estar o corrente no pago da cota, segundo o artigo 13.2 dos Estatutos da Asociación.

Asemade , ponse en coñecemento que para todos aqueles socios que non estén o corrente no abono das cotas dos dous últimos anos (2014 e 2015), a Xunta Directiva vai propor a súa baixa como socio, de non porse o corrente no abono das ditas cotas antes da data de celebración da Asemblea, todo iso de conformidade co disposto no artigo 7, apartado d) dos Estatututos da nosa Asociación.

 

 

Publicado en Opinión | Deixa un comentario

BioDoc

Cartel BioDoc 2014

Pelicula 9 Ondas

Publicado en Opinión | Deixa un comentario

Aprobada a moción da estrada OU-540 presentada na deputación

A proposta feita polo BNG e defendida por PLABALI na que solicitaba que “A Deputacion insta a xunta de Galiza que deixe sen efecto a paralización do proxecto da segunda fase da estrada OU-540 desde Casal do Bispo ata a fronteira de Lindoso” FOI APROBADA por UNANIMIDADE no pleno da Deputacion Provincial de ourense hoxe pola mañá, todos os grupos votaron a favor.

Publicado en Autoestrada - OU-540 | 2 Comentarios