PLABALI-Convocatoria asamblea Xeral 2016

Convocatoria Asemblea 2016 

En Entrimo, a vinte e catro de febreiro do 2016

Estimado/a socio:

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL

Pola Xunta Directiva da Asociación Plataforma para o desenvolvemento social,económico e natural sostible da Baixa Limia, en reunión extraordinaria celebrada o pasado día 23 de xaneiro de 2016, acordouse convocar á Asemblea Xeral, en sesión ordinaria, para o vindeiro día 12 de marzo de 2016, as dezaoito horas e trinta minutos (18:30) na primeira convocatoria, e para as dezanove (19) horas en segunda convocatoria.

A reunión terá lugar na CASA DA CULTURA DE MUIÑOS, Pza. de San Rosendo, s/n,

Mugüeimes, Concello de Muiños.

A orden do día da dita sesión será o seguinte:

1º).- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.

2º).- Exame e aprobación das contas anuais e do orzamento anual.

3º).- Dacción de conta e aprobación da memoria anual de actividades.

4º).-Actuacións previstas para o ano 2016 e de cara as eleccións autonómicas e/ ou xerais que se aveciñan.

5º).-Creación de Comisións de socios para as distintas actuacións.

6ª).- Dacción de conta a Asemblea dos socios que van ser dados de baixa da Asociación pola Xunta Directiva, o non atoparse o corrente no pago das cotas de varias anuailidades.

7º).- Rogos e preguntas.

O que che comunica para que asistas a mesma, recordándoche que para ter dereito a voto na asamblea deberás estar o corrente no pago da cota, segundo o artigo 13.2 dos Estatutos da Asociación.

Asdo.: O Secretario.

Esta entrada foi publicada en Opinión. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*