Aviso Convocatoria

Estimado/a socio:

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL
Pola Xunta Directiva da Asociación Plataforma para o desenvolvemento social, económico e natural sostible da Baixa Limia, en reunión extraordinaria celebrada o pasado día 20 de agosto de 2015, acordouse convocar a Asemblea Xeral, en sesión ordinaria, para o vindeiro día Dez de outubro de 2015 as as dezanove (19) horas, na primeira convocatoria, e para as dezanove e trinta (19 h.30´) horas en segunda convocatoria.

A reunión terá lugar no CASA DA CULTURA, (detrás do Grupo Escolar, o carón do Pavillón Polideportivo), Concello de Entrimo.
A orden do día da dita sesión será o seguinte:

1º).- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2º).- Aprobación das altas e das baixas na relación de socios.
3º).- Exame e aprobación das contas anuais e do orzamento anual.
4º).- Dacción de conta e aprobación da memoria anual de actividades
5º).- Actuacións previstas para o ano 2015.
6º).- Renovación directiva
7º).- Rogos e preguntas.
O que se lle comunica para que asista a mesma, recordándoche que para ter dereito a voto na asamblea deberás estar o corrente no pago da cota, segundo o artigo 13.2 dos Estatutos da Asociación.

Asemade , ponse en coñecemento que para todos aqueles socios que non estén o corrente no abono das cotas dos dous últimos anos (2014 e 2015), a Xunta Directiva vai propor a súa baixa como socio, de non porse o corrente no abono das ditas cotas antes da data de celebración da Asemblea, todo iso de conformidade co disposto no artigo 7, apartado d) dos Estatututos da nosa Asociación.

 

 

Esta entrada foi publicada en Opinión. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*