A paralización do proxecto da estrada OU-540 sométese mañán ao veredicto do pleno da deputación de Ourense

Mañan no pleno que a Deputacion de Ourense celebrará as 11 da mañan haberá unha Proposta do BNG para que a Deputacion “INSTE O GOBERNO DA XUNTA A QUE DEIXE SEN EFECTO A PARALIZACION DO PROXECTO DA SEGUNDA FASE DA MELLORA DA ESTRADA OU 540.. ”

Dada a importancia que teria, que a proposta fose aprobada polo organismo provincial, será a PLATAFORMA BAIXA LIMIA, actuando en representacion propia, pero utilizando os tempos de intervención que dispon BNG , a encargada de defender a proposta

Dous homes da comarca defenderan posturas diferentes, un deles de PLABALI defendendo que a Xunta anule a paralización e outro como portavoz da deputación, membro do Partido Popular, o alcalde dun concello da comarca, supomos que defendendo e xustificando a paralización da mellora da súa propia estrada e dos seus veciños, paradoxas do destino…

Esta entrada foi publicada en Autoestrada - OU-540. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*