Caravana Automobilística

En reunión celebrada o pasado día 16 de marzo,  a Xunta Directiva de PLABALIacordouconvocar unha caravana automobilística a marcha lenta, en protesta pola ANULACIÓN  DEFINITIVA da execución da segunda fase da estrada OU-540(Celanova-Fronteira Portuguesa).

A caravanasairá desde a Fronteira Portuguesa, na Madalena (Concello de Lobios) as 11 da maña do domingo dia 6 de abril,  e rematará  no comezo da Autovía AG-35  (Casal do Bispo), o carón da gasolineira, onde se lerá un comunicado.

A Xunta de Galicia ven en deixar sen efecto o proxecto  da estrada e anular as expropiacións, devolvendo os terreos e recuperando os cartos ata agora investidos na adquisición deses terreospara a mellora da estrada OU-540, polo que as variantes de Bande e Verea xa non se van facer nin arranxar o resto da estrada.

Nunha zona onde a única vía de comunicación é a estrada OU-540, pola que  recibimos os servizos básicos (sanidade, abastecemento de alimentos e, ensino,etc.), anular a súa mellora supón deixara todos os veciños nunha situación máis parecida a África subdesenvolvida  e outros lugares do terceiro mundo,  que a un pais da Comunidade Europea.

Ademais ,unha boa  vía de comunicación contribúe  o desenvolvemento das comarcas e das xentes que a habitan,  e a anulación do proxecto tamén prexudica os veciños do resto da Provincia de Ourense  o privalos dunha vía estratéxica  para a comunicación de persoas e servizos con Portugal, polo que terán menos servizos de Portugal e menos xente do pais  veciño que visite Celanova ou a Capital da Provincia.

Mentres a Xunta de Galicia so fai pedir cartos o Estado e a Comunidade Europea baseándose no dispersión e no envellecemento da poboación, logo o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas desa Xunta,mentindo e  enganando una e outra vez,  nas reunións,   a esta Asociación Veciñal  e máis os Alcaldes da Baixa Limia, dicindo que a  mellora da estrada  so quedaba en suspenso,  agora ven en anular o proxecto, e aproveita eses cartos que nos pertencen,  coma unha das Comarcas máis dispersas e envellecidas, para levalos as zonas máis urbanas e menos dispersas de Galicia, como é toda a Costa (chea de vías rápidas e autovías), deixándonos  sen a dita mellora. É ríndose de nos, con ese rego de chapapote a saltos  que botou en zonas da estrada  OU-540 fai uns meses, que todos coñecedes, e que nos pretendeu vender coma mellora da estrada.

Tamén lles importapouco a situación na que queda o Concello de Verea, onde deixan sin camiños a unhas 100 parcelas.

!!! POR ISO ENTENDEMOS  QUE TODOS OS VECIÑ@S XUNTOS DEBEMOS DEFENDER OS NOSOS DEREITOS, QUE PASAN POR TER UNHA ESTRADA DECENTE, EN CONDICIÓNS E SIN SEMÁFOROSNIN COCHES QUE A ATRANQUEN O SEU PERCORRIDO ¡¡¡

!!! PARTICIPA  O DIA 6 DE ABRILNUNHA CARAVANA DE COCHES QUE CHEGE DESDE A FRONTEIRA DA MADALENA HASTA A AUTOVIA ¡¡¡

 

Xunta Directiva de PLABALI(Plataforma para o desenvolvemento social, económico e natural  sostible da BaixaLimia).

Esta entrada foi publicada en Autoestrada - OU-540. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Caravana Automobilística

  1. antonio di:

    No dia que se daba a conocer a noticia no facebook xa deixei un comentario e que nos os veciños da baixa limia so contamos para a xunta de galiza como puro desprecio comparados a outros lugares da nosa terra

  2. pepita di:

    desde Cabaleiros acompañarei a marcha

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*