Alegacións Presentadas por PLABALI aos Grupos Parlamentarios

 

AOS GRUPOS PARLAMENTARIOS…….(Enviado a todolos grupos  AGE, PP, PSOE E BNG)

________________________________Plataforma para o desenvolvemento social, económico e natural  sostible da BaixaLimia (PLABALI), inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións, na sección 1, número 2011/15878, con enderezo ______________________, en relación ca NOVA LEXISLATURA que se está a iniciar e ante os graves problemas de sobrevivenza que ten a nosabisbarra da BAIXA LIMIA, doullestraslado dos acordosadoitadospola Xunta Directiva desta asociación:

1º).- Ante o inicio dunha nova lexislatura no Parlamento de Galicia, esta xunta directiva solicitalle os Grupos Parlamentarios constituidos a asunción das seguintesreivindicacións para a comarca da BaixaLimia, que ata agora non teñen sido tomadas en conta :

A).- MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA AUTONÓMICA OU-540 NO TREITO CELANOVA SUR-FRONTEIRA PORTUGUESA

Se ben o  Sr. Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en funcións ( D. Agustín Hernández) adiantou, a esta asociación e os Alcaldes, que a aexecucióndesta vía quedaba en suspenso debido a crise económica, e ante as novas dos últimos días no senso de que a finais do mes de xaneiro do 2013 vaise abrir a treito de autovía ata Celanova, consideramos esta postura inaceptábel por canto considerase que esa mellora da estrada OU-540, xa aprobada e orzamentada,  e fundamental para os habitantes dos concellos que conforman a bisbarra da BaixaLimiaxa que:

– Carece a zona doutros medios de locomoción por outras vías (ferrocarril ou aérea) e non ten ningunhaposibilidade de telos.

– Atopándonosxanunha situación de precariedadena prestación dos servizos públicos esenciais (sanidade, ensino, servizossociais, etc.), que presumiblemente verase agravada os próximos anos polacrisedemográfica e económica, onde os demandantes desesservizosvensenaobriga de desprazarse ata 60 ou 70 km. –ida e volta- , de non mellorarse a curto prazo dita estrada, tal e como está proxectada e orzamentada,  estaríase a condenar os residentes da nosabisbarra a una  precariedade existencial na que se llefai pagar impostos europeos o tempo que se lles prestan servizosterceiromundistas.

– Dita vía e  a segunda en importancia na comunicación da provincia de Ourense con Portugal, co que iso ven a significar en canto o posible e futuro desenvolvemento económico da bisbarra e da provincia.Ademais, eun dos itinerarios, consonterefiren as Directrices de  Ordenación do Territorio, preferentes de localización para a comunicación con Portugal considerados polas DOT coma estratéxicos para o fortalecemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.Ademais da autoestrada de Tui-Valenza e da autovía Verín Chaves, o terceiroeixo de comunicación preferente  ven definido nas DOT polo itinerario consistente na autovía de enlace Ourense-Celanova e a súa prolongación ata a fronteira portuguesa pola actual estrada autonómica ou-540.

B) INSTALACIÓN DUN PARQUE EMPRESARIAL SUPRAMUNICIPAL (COMARCAL) PARA OS CONCELLOS DE BANDE,ENTRIMO, LOBEIRA, LOBIOS E MUIÑOS (A BAIXA LIMIA) NA ZONA COMPRENDIDA POR OS CHAOS (CONCELLO DE LOBEIRA) – SANTA COMBA (CONCELLO DE BANDE), NA BEIRA DA ESTRADA OU-540

Nesteintre, o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas EmpresariaisnaComunidade Autónoma de Galicia atópasena fase de dar resposta as alegaciónsfeitasna fase de exposición pública.

Esta asociación (PLABALI) ten feitasalegacións ante o disparate que se pretende consumar,  polo Instituto Galego de Vivenda e Sólo  e a Consellería de Medio ambiente, Territorio, de recoller no documento duasubicacións (Barxes en Muiños e Alto do Vieiro en Bande) que non cumplen os requisitos que imponen tanto a DOT coma o mismo Plan  Sectorial e alonxadasmais de 25 kilómetros dos Concellos de Entrimo e Lobios, polo que solicitamosque a  área empresarial comarcal prevista no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas EmpresariaisnaComunidade Autónoma de Galiciasexa localizada na zona de Os Chaos e Santa Comba, pertencentes os concellos de Lobeira e Bande, porque ademais de atoparseconectada o nodo de Bande ( parte dentro do mesmo municipio e a diferencia dende o núcleo dunha a outra poden ser 5 ou 6 Km.), facilita a súa labor estruturante da Comarca ao encontrarse equidistante  dos núcleos interiores  vinculados ao patrimonio rural de Entrimo, Lobios e Muiños, contemplados nas Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), e que goza das seguintescondicións:

  • Situado o carón da estrada autonómica OU-540, que comunica coa capitalidade da Provincia e con Portugal.  A súa situación, nabeira da estrada OU-540 (coa mellora e acondicionamento previstos), facilita moito  a comunicación e os  transportes dende o parque  tanto para o interior coma a Portugal, ao ser unha dos tres itinerarios que contemplan as DOT para o fortalecemento da Eurorrexión.
  • Esta mesmaproximidade a estrada e a equidistancia con todos os concellos facilitaría, a medio prazo, a localización de servizos públicos supramunicipales na zona ou no parque, que poidan ser gozados en condicións de igualdade por toda a poboación da bisbarraao tempo que supón un aforro naexecución das infraestruturas que se precisen para estesservizos.
  • Proximidade de recursos naturais (auga) y enerxéticos que posibiliten unha cómoda e completa dotación de servizosxeraisao  parque empresarial, abaratando o custes de execución.
  • Condiciones orográficas e meteorolóxicasaxeitadas, o que  aceleraría moito a súaexecución, tanto no tempo como polo abaratamento de custes  de preparación do terreo e os custes de inversións no materiais de illamento e construción.

C) ESTUDIO E SOLUCIÓN A CONTAMINACIÓN DO RIO LIMIA NO ENCORO  DAS CONCHAS

A contaminación do Rio Limia é unharealidade, produto de moitos anos de verquidos de industrias agrícolas, gandeiras e de tratamento de residuos gandeirosao longo do seucanle, e de abonos nasúa parte desecada, a pesares da continua negación por parte da Consellería de Sanidade e da Confederación Hidrográfica, so admitida recentemente e de xeito que podiamos calificar, sendoxenerosos, de moi tímida.

Esta situación que ben en arruinar a pequenaactividade turística existente a carón do encoro, fundamentalmente nas zonas de O Corgo (Muiños)  e Porto Quintela (Bande), pódese estender de forma alarmante, se non o fixoxa o resto do canle, o que viría a significar o do encoro de Lindoso  e os caudais que chegan as poboacións portuguesas de Ponte da Barca e Ponte de Lima, que se subministran de ditocanle.

Ata agora, so é a Asociación veciñal de As Conchas e a que ven loitando para que as nosas autoridades tomen cartas no asunto ante un problema tan grave que pode afectar a saúde das poboaciónspolas que o rio discorre, atopándose so con trabas e negativas a tomar en serio o problema.

Por iso a nosa asociación, tendo conciencia da gravidade do problema, ademais de colaborar coa asociación veciñal de As Conchas, proponlle  os grupos e partidos que unha das primeirasactuacións do novo Parlamento de Galicia, sexa o de tratar o problema da contaminación do Rio Limia, e se elofora preciso cunha Comisión parlamentaria específica.

D) GARDAS MÉDICAS E FARMACÉUTICAS

Dende o ano 2005, coa supresión das gardasmédicas y o peche dos centros de saúdemunicipais, dendeas 15 horas ata as 8 horas do día seguinte (17 horas diarias), así como os sábados, domingos y festivos, os veciños do sur de aBaixaLimiavenseobrigados para calquera tipo de consulta a desprazarseao Punto de Atención Continuada (PAC) máispróximo– Bande- distante, en ocasións, 30 ó 35 km. dendeo seufogar( entre 60 e 70 Km. en total). Se a eloengadimosa sinuosidade de pistas e estradas e oenvellecementoda poboación – con unhaidade media de 57-60 anos-, resulta fácil imaxinar que tipo de servizo se lles presta os cidadáns.

O problema agravase cas novas gardas farmacéuticas que, o establecer con carácter xeral un perímetro de 15 minutos dende o PAC, ocasiona coma esta a acontecer que  aumente ese desprazamentodende o sur da comarca ata os  100 km. entre ida e volta (Celanova).

Non e difícil imaxinar o que todo isto supón en desprazamento de medios coma ambulancias, que provoca a desasistencia en caso de máis de unhaurxencia, sen ter en conta o custe económico que lle supón a aquelesveciñosmaiores, pensionistas que non teñan medios propios  e teñan que recorrer a un taxi ou similar.

Esta situación tamén ten incidencia económica no incipiente sector turístico que aquí se desenvolve, poisese turismo vese abocado a idéntica  “prestación de servizos médicos e farmaceuticos”.

Por iso  se demanda con urxenciaunha reconsideración do sistema xeral de gardas médicas e farmacéuticas, para establecer un que responda as  necesidades específicas da zona en función da súa configuración poboacional

Esta entrada foi publicada en Alegacións-Escritos presentados por PLABALI, Alegacións-Escritos presentados por PLABALI, Alegacións-Escritos presentados por PLABALI, Alegacións-Escritos presentados por PLABALI, Autoestrada - OU-540, Central Reversible Salas–Conchas, Contaminacion Embalse das Conchas, Polígono Industrial. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*