Alegacións presentadas por PLABALI á central reversible Salas-Conchas

A CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA  DO MIÑO-SIL PARA A

DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL E MEDIO NATURAL

(DIRECCIÓN XERAL DE AUGAS)

Asunto: Alegacións  o proxecto e o estudo de impacto ambiental da solicitude da modificación de características da concesión administrativa e declaración de   utilidade pública do aproveitamento dos ríos Salas e Limia, nos termos municipais de Muíños, Lobios, Lobeira, Calvos de Randín e Entrimo (Ourense), para produción de enerxía eléctrica. Central reversible Salas-As Conchas. Expediente: H/32/01054 e H/32/01240 (20100361HID)

Promotor: Gas Natural SDG, SA.

Termos municipais: Muíños, Lobios, Lobeira, Calvos de Randín e Entrimo Ourense)

Referencia: Anuncio da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil polo que se somete ó trámite de información pública. Publicado no BOP da provincia de Ourense  núm. 285, de 13 de decembro de 2012.

_____________________________________________A asociación veciñal  Plataforma para o desenvolvemento social, económico e natural  sostible da Baixa Limia (PLABALI), inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións, na sección 1, número 2011/15878, _____________________________________________________________

“COLECTIVO SOLLAVIENTOS”mo agrupación espontánea, libre y 

EXPOÑE:

PRIMEIRO:  LEXITIMACIÓN

A nosa asociación  Plataforma para o desenvolvemento social, económico e natural  sostible da Baixa Limia (PLABALI), ten entre os seus fins A defensa dos intereses xerais dos veciños, na súa calidade de usuarios e destinatarios finais da actividade educativa, sanitaria, de vivenda, social, económica, de consumo, ambiental, urbanística, cultural, de participación  en asuntos de interese xeral do territorio, etc., fomentando as medidas de participación máis axeitadas, polo que ten a lexitimación legal necesaria para formular as presentes alegacións.

“COLECTIVO SOLLAVIENTOS”mo agrupación espontánea, libre y

SEGUNDO: Introducción.-

1.- A Lei de Avaliación de Impacto Ambiental “introduce a variable ambiental na toma de decisións sobre os proxectos con incidencia importante no medio ambiente”. Sinala tamén que “proporciona unha maior fiabilidade e confianza as decisións que deban adoitarse, o poder elixir, entre as diferentes alternativas posibles, aquela que mellor salvagarde os intereses xerais dende unha perspectiva global e integrada e tendo en conta todos os efectos derivados da actividade proxectada”.

Isto quere dicir que a realización dos proxectos dunha certa entidade  (e este de Gas Natural o é) e localizados en contornos medio ambientalmente destacables, coma é o caso do noso Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés , debe estar condicionada a súa incidencia no  dito medio ambiente, que inclúe o natural e o humano.

A importancia destas incidencias pode no seu  caso chegar a imposibilitar a execución do proxecto no seu formato orixinal. Por iso a lei contempla tamén a posibilidade de poder elixir entre distintas alternativas aquela cuxo impacto medio ambiental sexa o máis asumible, aquela que mellor salvagarde os intereses xerais dende unha perspectiva global e integrada”.

Isto empolica facer un estudo e un análises serio das alternativas reais o proxecto, cos seus respectivos estudos comparativos ambientais e de impactos (incluída a alternativa 0). Estudos que deben ter a misma calidade e profundidade se realmente se quere “poder elixir, entre as diferentes alternativas posibles”.

Embargantes, este proxecto adoece dun profundo  estudo comparativo das alternativas posibles, en canto as catro cuestións que son o centro das alegacións desta asociación:

–       A compensación o elemento humano da comarca, por parte do promotor, polo aproveitamento dos recursos xerados na zona, que ven facendo dende hai máis de 70 anos.

–       A garantía da eliminación da contaminación por cianobacterias que ven sufrindo o Río Limia no en coro das Conchas e o risgo do seu trasvase, con esta obra o ancoro de Salas, e consecuentemente o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

–       A xestión do escombro xerado polo obra, que consonte  os datos estimados  no proxecto ascende a un volume de máis de  1.880.000 m3.

–       Outras cuestións técnicas.

TERCEIRO.- A compensación ó elemento humano da comarca, por parte do promotor, polo aproveitamento dos recursos xerados na zona, que ven explotando dende hai máis de 70 anos.-

E suficiente analizar os documentos sometidos a exposición pública para constatar que a cuestión do elemento humano da zona de explotación do seu proxecto é para Gas Natural (coma o foi antes para Fenosa) un tema secundario e absolutamente prescindible.

Resulta curioso que nunha obra onde os veciños van sufrir expropiacións, molestias por polbo e ruídos, interrupcións constantes de tráfico, durante uns 6 anos,  e unha alteración severa do paisaxe pola cantidade de zonas de depósito de escombros proxectadas, ademais das novas liñas de transporte da electricidade (co posible prexuízo de saúde para os lugares ou aldeas próximas as mesmas) unha das poucas referencias  atópase na medida 47, das correctoras, relativa  a “Favorecer a repercusión económica nos concellos afectados polas obras.” que ven en  dicir , máis ou menos, “Perante a fase de obras, cubriranse, sempre que sexa posible, os postos de traballo xerados con man de obra local. De igual forma procederase cando sexa posible a adquisición de materiais, maquinaria e servizos na zona de localización da instalación. Doutra banda, no hai que esquecer que os pagos de impostos polas licencias de obra repercutirán positivamente nos concellos implicados”. Fai falla unha mente non exenta de cinismo no equipo redactor dos documentos da obra para expresar, así, friamente, que se conformen os veciños coas migalliñas que lle imos dar durante uns poucos anos a algúns, se se puidera.

Coma esta actitude parécenos lamentable e continuísta do expolo de recursos que ven facendo na nosa comarca dende fai máis de 70 anos sen nada a cambio, e que ameaza con multiplicarse, pasamos a continuación a relatar a mesma e  as medidas alternativas que se propoñen para o beneficio dos veciños da comarca.

A.- ANTECEDENTES: BREVE REPASO AOS ATROPELLOS COMETIDOS POLO ESTADO E A  EXTINTA FENOSA NESTA PARTE DA COMARCA DA LIMIA BAIXA

A historia remóntase á segunda metade dos anos corenta, en plena posguerra civil, unha época miserenta para a nosa xente, na que a maioría dos veciños se erguían á mañá sen saber o que terían para xantar. Xa pasaron moitos anos e a estas alturas non merece a pena estudar polo miúdo os centos de atropellos cometidos naquelas datas. A xeito de resumo imos repasar algúns datos importantes, non sen antes subliñar que o río Limia non é o Miño nin o Douro, é un curso fluvial que nesta parte alta permitía o paso das persoas sen mollarse no oitenta por cento dos días do ano, do que se deduce que a relación entre os veciños ribeiraos era moi intensa en tódolos eidos do acontecer diario na contorna. Coa chegada do encoramento en Setembro de 1949 foron moitas e variadas as mudanzas acontecidas no ámbito familiar, económico e social en xeral. Mudanzas que aínda hoxe están moi presentes nas persoas con máis de 50 anos e moito máis nos que pasan dos 65. De todo isto da conta pormenorizada o sociólogo local Manuel Rivero ao longo  das 800 páxinas das que consta a súa tese doutoral, aínda sen publicar. A construción do encoro deixou asolagados un total de  9 portos para cruzar o rio : poldras en Barxés, Maus do Baño, Sta.Comba , Os Chaos e S.Miguel, dúas pontes romanas en Nigueiroá e Ponte Pedriña, (ésta monumento Nacional) e dous pasos para vehículos, un entre Nigueiroá e Maus e outro, o máis importante e emblemático, coñecido como “O POLDRADO” entre a vila de Portoquintela e Mugueimes, capitalidade do Concello de Muiños. Unha ponte que servía de cordón umbilical entre moitas poboacións da parte alta de Muiños, Calvos de Randín e incluso Baltar, coas da marxe dereita do río en Bande, Lobeira e Entrimo. E dicir, un auténtico “Muro de Berlín” aínda hoxe en vixencia. Ben sabido é que “auga pasada non move o muiño”, pero é importante lembrar estas cousas para que no futuro non se volvan repetir. Ademais dos portos no río habería que engadir, como xa se dixo, a ruptura social, a desaparición de máis de 40 negocios en Portoquintela, os baños termais do Baño, varios muíños importantes, montes e fincas (aínda hoxe sen pagar),etc.

Posteriormente, nos anos setenta, FENOSA levou adiante un novo proxecto nos Concellos de Calvos de Randín e Muíños. Nesta ocasión as melloras en canto a compensacións á veciñanza melloraron considerablemente, pero non así no aspecto relativo ás comunicacións. As novas pontes do Rial en Mugueimes  e o viaduto de Guntumil son impresentables, sobre todo esta último, que aparece no proxecto con 5 m. e beirarrúas – sen axcustarse a realidade-  xa que foi feito con 3 m. e sen beirarrúas.

Nin que dicir tén que o descontento dos veciños é xeral, sobre todo vendo aquí ao lado a pegada económica que a EDP portuguesa deioxou nos municipios veciños de Lobios e Entrimo, aínda que agora estes Concellos tampouco  están a percibir tributo algún por ese Encoro.

1988 NACE O PADROADO POLO POLDRADO

Xa chegada a democracia, na campaña das municipais, o grupo político da desaparcida Alianza Popular, méte por primeira vez no programa a recuperación da ponte do Poldrado e posteriormente, cogobernando co PSOE, faise o primeiro estudo , vindo máis adiante outros mais. O Conselleiro  de Obras Públicas Carreño Maribona achegouse incluso a Muiños interesarse polo tema no 85.

No inverno do 1988, aproveitando unha prolongada seca que deixou a ponte á vista entre  tres e catro meses, un grupo de amigos de ambalas duas marxes do encoro puxeron en andamento a Plataforma “Padroado polo Poldrado”. A continuación viñeron multitude de actividades que conseguiron concenciar de novo (¡e de que maneira!) a poboación. Poderiamos destacar: recollida de sinaturas (mais de 3.000), publicación da revista “A Ponte” (3 números), mercadaishing, conferencias,  etc., destacando ademais entrevistas co Sr. Eguiagaray, ministro de Administraciones Públicas (co resultado de oitenta millons de pts., cando a Deputación invertira a metade na estrada Muiños-As Conchas), coa Xunta de Manuel Fraga que aproba o 6-09-96 a reposición do paso), co Sr. Baltar e, finalmente, co goberno bipartito, que deu o paso definitivo anunciándo de xeito oficial no ano 2007 a construción da ponte e un parque empresarial entre Os Chaos e Sta.Comba para toda a Baixa Limia. Antes de rematar é moi importante subliñar que o Padroado acabou investindo mais de 18.000 €, recaudados nestes anos, na adecuación dos accesos a nova ponte, tanto na parte de Rañadoiro como na de Sta.Comba (a pesares, nesta última, do intento de paralización por parte de algún  políticos de Bande).

PAGO DUNHA DEBEDA HISTORICA

Nestes últimos anos o Padroado baixou o pistón, sobre todo dende a posta en andamento no 2010 da Plataforma para o desenvolvemento social, económico e natural  sostible da Baixa Limia (PLABALI). Esta asociación veciñal confórmana preto de 100 socios e ten na actualidadecomo principais obxectivos varios temas, destacando :

–          Parque empresarial e de bombeiros profesionais nos  Chaos (Concello de Lobeira) e Sta.Comba (Concello de Bande).

–          Continuación da vía rápida Celanova-Lindoso-Pte. da Barca

–          A contaminación do rio Limia

–          Contribución Fiscal do encoro de Lindoso as economías de Entrimo e de Lobios.

En todos estes anos, ao contrario do que  fan outras hidroeléctricas nas zonas nas que están ubicadas, Unión-Fenosa nunca tivo un detalle, agás a Fundación Aquis Querquernis, para axudar ao desenvolvemento cultural , turístico, social e económico da comarca. Un feito que se considera un desprezo cara un territorio no que leva máis de setenta anos tirándo beneficios. Cantos clientes  perdería un supermercado ou unha estacion de servizo se se negase a colaborar con unha festa ou con un acto cultural organizado polos veciños?

Por todo o subliñado anteriormente, e en consecuencia polos pasos xa dados e os acordos acadados polas diversas corporacións da comarca, dende PLABALI considérase imprescindible, que entre a empresa promotora do novo trasvase e as diversas institucións con representación no territorio se deberían coordinar esforzos para aproveitar esta ocasión histórica, para conxuntamente confluír todos xuntos na mellora integral desta asoballada comarca.

B.- DEMANDAS E PROPOSTAS QUE SE PRESENTAN

En referencia ao baleirado dos encoros, no caso das Conchas, considérase que debería ser total por varios motivos, entre outros: colaborar na ELIMINACION CIANOBACTERIAS, renovación da depauperada fauna piscícola, limpeza xeral do encoro e, sobre todo, RECUPERACIÓN, DO FONDO DO ENCORO, DA PONTE ROMANA PONTEPEDRIÑA, un elemento histórico único no país, un proxecto que fora valorado fai 17 anos polos expertos en 300.000 €. Aproveitando esta ocasión histórica, a empresa promotora deberÍa,ademais, poñer en valor o seu patrimonio na comarca, principalmente as vivendas existentes na Central de Mugueimes e no poboado de As Conchas, que poderían axudar ao desenvolvemento da comarca, sobre todo estas últimas pola sua ubicación estratéxica.

En canto á problemática que no futuro vai ocasionar esta nova infraestrutura, tanto no periodo de obras coma unha vez rematadas, habería que considerar dous aspectos: primeiro, os prexuizos ocasionados ás actividades turísticas  e deportivas, mentres estea baixo o nivel das augas; e segundo, as oscilacions de nivel unha vez que o novo complexo hidroelectrico estea en funcionamento , o que ocasionará bastantes inconvintes para as instalacions xa hoxe en funcionamento. Deberia ser innegociable :

–          Aillamento con muro perimetral do xacemento arqueolóxico de Aquis Querquernis e das Termas d’ O Baño.

–          Compensación as actividades que na zona fluvial de Muiños se realizan ao longo do ano e que se van  a ver seriamente prexudicadas, polo que é imprescindible dotar o complexo de outros atractivos que non teñan dependencia do encoro : Construción dunha zona coñecida “O Corgo”, unha Tirolina dende o campo de Tiro ao Albergue, un Rocódromo, un camiño perimetral para sendeiristas en todo o encoro, dotación dunha sección interpretativa dos encoros no novo local “Porta Xurés”, hoxe en obras, aproveitar os 17-18 muiños existentes na zona coñecida como A Torrente para a posta en funcionamento dun “proxecto singular” de enerxía eléctrica, sinalización e mellora en xeral do Parque Arquelóxico do Salas, construcción de poza de aprendizaxe e local para Escola de Pesca do Salas e, finalmente, no apartado cultural, constitución dunha FUNDACIÓN para estudos ARQUEOLÓXICOS de ámbito comarcal que colabore coas diversas institucions no desenvolvemento desta zona do suroeste de Ourense.

Dase por pechado este capítulo de queixas, non sen antes facer referencia unha vez máis á desafeción entre a poboación e a extinta UNIÓN-FENOSA, polo que non estaría de máis que a nova empresa concesionaria (GAS NATURAL) tivese o detalle de estudar cos Concellos da zona algunha formula de colaboración en materia enerxetica que palíe, ainda que sexa en parte, os elevados custos económicos producto da dispersión, nunha comarca da que tanto beneficio levan tirado a cambio de case nada.

CUARTO.-  A garantía da eliminación da contaminación por cianobacterias que ven sufrindo o Río Limia no en coro das Conchas e o risgo do seu trasvase, con esta obra o ancoro de Salas, e consecuentemente o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

Esta asociación defende que non se pode autorizar o proxecto, ata que se de a garantía técnica e científica, e sen negún xenero de dudas, que se vai a proceder a eliminación da contaminación por cianobacterias do encoro das Conchas, e que non hai posibilidade algunha de que a reversibilidade provoque a contaminación do encoro de Salas e do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

QUINTO.- A xestión do escombro xenerado polo obra, que según os datos estimados  no proxecto ascende a un volumen de máis de  1.880.000 m3

Recollen  os documentos aportados polo promotor, en canto se refire o seu compromiso coa conservación da biodiversidade, que Gas Natural Fenosa comprometese coa protección da biodiversidad mediante unha xestión ambiental preventiva e o desenvolvemento de actuacions de restauración, rehabilitación e conservación de espacios naturais, mediante, entre  outros,  o seguinte principio: “Adoptar medidas para evitar y minimizar los posibles efectos adversos sobre labiodiversidad, restaurando zonas y suelos degradados.”

Tamén, ademáis de toda a normativa de residuos, as Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 22 de febreiro de 2011), contemplan  estre as determinacións relativas a xestión de residuos (4.9) a “Redución das necesidades de eliminación de residuos mediante vertedura final” (d), e  as determinacións orientativas de que “Os residuos inertes procedentes de escavacións, da construción e demolición serán destinados preferentemente á súa utilización como ári­dos e, nun segundo lugar, poderán ser empregados para restaurar, de xei­to controlado, aqueles ocos xerados coa actividade mineira. (4.9.3)”

Pois a pesares de que  a obra civil vai xenerar un volumen final de 1.880.000 m3 de residuos, non hai en todolos documentos presentados ningún analise da posibilidade de restauración de espazos deteriorados, limitándose a invadir toda a zona ayacente a obra con múltiples vertedoiros de inertes, o que supón ademáis dunha impresionante agresión paisajística,  a liquidación de terras dos vecinos (prados e arbolado),  as molestias do transporte para o traslado  os lugares elexidos, a polución por polvo durante anos destes vertedoiros, e os riscos para a poboación, nunha zona con elevada pluviometría, de que se produzan, con posterioridade aluvións meses lugares de depósito.

Iso, ademáis de vulnerar a normativa de ordenación do territorio  e de residuos, non pode ser aceptado, polo que sen prexuizo de buscar alternativas de restauración de espazos deteriorados, esta Asociación propon como posibles alternativas as seguintes:

Tendo en conta os recentes acordos  das corporacións munipais da comarca, no sentido de unificar esforzos para conxuntamente dotar a bisbarra de solo empresarial, sería importante concretar entre as diversas administracións e a empresa promotora os seguintes acordos :

– Aproveitar a cesión desinteresada de monte comunal dos veciños de Ermille-Os Chaos no entorno da actual planta de hormigón,  ao pé da N-540.A cambio, eliminar zona prevista no acceso de Gaiás a O Viso.

– Adquisición de terreos para entulleira (escombrera) no punto coñecido como “Recta d´Os Chaos”, punto elixido pola maioría dos Concellos como ideal para chan industrial

-Escolleira no encoro en ámbalas duas marxes do río para recuperación do paso asolagado en 1949, xa ben sexa entre Os Chaos-Rañadoiro ou  A Barxela-Sta.Comba

-Remate dos accesos iniciados polo Padroado polo Poldrado neste último lugar.

Ademais dos puntos anteriores, outras propostas a ter en conta serían :

–          Evitar a Serra Ventosa (monte de Pazó) polo alto valor arqueológico, paisaxístico e natural.

–          Selar a canteira de Xermeade, no límite do Parque Natural, evitando o entullo nas praderías particulares neste mesmo punto, tal e como se pretende.

–          Aproveitar o escobro que se pretende na Carballa, bordeando o pastizal das Maus de Salas, para habilitar zona de miradoiro interpretativo do Val do Salas, ademais de aumentar zona de escombreira para novo vial de enlace coa rotonda de Calvos de Randín.

–          Parte dos materiais que sairán polas duas bocas da presa do Salas debería se aproveitado para continuar co proxecto da nova ponte de Guntumil, iniciado pola Deputación de Ourense fai 4-5 anos para substituír a vergoñenta pasarela construída por FENOSA en 1970.

–          Convenio cos Concellos de Calvos, Muiños, Lobios, Lobeira e a Deputación de Ourense para ensanche de curvas e melloras en xeral nas estradas ubicadas perto das bocas de saída dos materiais :

  • Ganceiros-As Conchas-Farnadeiros
  • Cados-Reparade-San Paio
  • Conchas-Facós
  • Presa do Salas-Requiás
  • Rotonda d’As Maus-rotonda de Calvos
  • Cavaladre-Toubeiro-Fronteira Tourêm

SEXTO.- Outras cuestións técnicas e xurídicas

A).- Cuestións Xurídicas:

Nos documentos sometidos a exposición pública, e entre a normativa que se cita non se atopa, supomos porque non se tivo en conta a seguinte, o que podería dar lugar a invalidación do proxecto:

–          Directrices de Ordenación del Territorio de Galicia (Diario Oficial de Galicia de 22 de febrero de 2011).

–          Decreto 64/2009, do 19 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural de A Baixa Limia-Serra do Xurés.

–          Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Muiños(Ourense) aprobado por Orde do día 15 de xuño de 2012 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, e publicado   no BOP da provincia de Ourense n.º 160, do venres, 13 xullo 2012.

O carón desta normativa xurídica citada devese por de manifesto que o sinalado Plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural de A Baixa Limia-Serra do Xurés (Decreto 64/2009) sinala no Artigo 40º.-Exclusión de actividades, apartado  3, que “O territorio delimitado polo espazo natural considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novas instalacións de enerxía hidroeléctrica.”. Tendo en conta as dimensions da obra que se vai levar a cabo e a súa estructura técnica, podemos atoparnos que en lugar de unha” modificación de características da concesión administrativa” coma se sinala no proxeto, esteamos ante unha nova concesión administrativa, que non sería posible de acordó coa normativa exposta.  Debemos engadir,  que apartado 1 do mismo artigo dispón que “ O territorio delimitado polo parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novas actividades e aproveitamentos mineiros. Non se permitirán novas actividades extractivas. Estas explotacións producen un impacto paisaxístico crítico, incompatible cos obxectivos de protección do espazo natural, dos seus hábitats de interese comunitario e das especies de interese para a conservación …”, sendo esta obra que se pretende eminentemente extractiva.

B).- Cuestións Técnicas:

Aquí é necesario referirse   a que a Alternativa 3C Optimizada finalmente proposta, prevé a construcción de túneis auxiliares de construcción da caverna central, sendo o túnel auxiliar de construcción o túnel inferior.  Según se desprende do proxecto e dos planos presentados un túnel situase por debaixo das vivendas da aldea de Muíños a una cota de 20 metros, polo que estimamos, tendo en conta como están construidas e asentadas as vivendas sobre o solo poden producirse danos nas mismas, polo que consideramos debe replantarse o trazado deste túnel auxiliar máis alá dos límites das vivendas en enderezo para  o encoro.

Por todo iso,  a asociación veciñal  Plataforma para o desenvolvemento social, económico e natural  sostible da Baixa Limia (PLABALI) formula alegacións o proxecto e o estudo de impacto ambiental da solicitude da modificación de características da concesión administrativa e declaración de   utilidade pública do aproveitamento dos ríos Salas e Limia, nos termos municipais de Muíños, Lobios, Lobeira, Calvos de Randín e Entrimo (Ourense), para produción de enerxía eléctrica. Central reversible Salas-As Conchas. Expediente: H/32/01054 e H/32/01240 (20100361HID) no senso xa exposto.

Ourense, para Madrid a dezaoito de xaneiro do dos mil trece.

Esta entrada foi publicada en Alegacións-Escritos presentados por PLABALI, Central Reversible Salas–Conchas. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*